30/11/14

Actividade CR

Imaxe para promocinar a lectura na nosa biblioteca, realizada en gimp 2.8 coas seguintes imaxes:


25/11/14

Vídeopoema "O fafarrún"

Vídeopoema realizado co alumnado de primeiro curso na Hora de ler e relacionado co PDI que estamos a traballar este curso, titulado "Mergullámonos nun mar de números".


9/11/14

Celebración da festa do magosto


Profesor tecnócrata & profesor humanista

Hoxe imos ver dúas recetas, ben distintas, de como hai que facer para conseguir ser un bo profe. Unha delas é o profe tecnocrático que tanto lle gusta á Administración, e outra, o profe humanista que tantas veces resulta indixesto para os mandamais...
Profe tecnocrático
Ingredientes:
  • Un profesor/a atlético, fibroso e serio.
  • 25 ou máis alumnos/as de niveis intelectuais homoxéneos (a poder ser alto).
  • Varios obxectivos centrados na excelencia.
  • Moitos contidos centralizados e uniformes.
  • Unha metodoloxía pasiva e onde o mestre sexa o verdadeiro protagonista.
  • Recursos materiais escasos, moi taxados..
  • Temporalización con miras a curto prazo.
  • Avaliación cuantitativa para poder comparar.
Metemos todos os ingredientes dentro dun aula, ben apretadiños e a baixa temperatura (hai que aforrar calefacción). Unha vez que todo estea ordenado, o mestre botará man do libro e impartirá a súa clase maxistral como se veu facendo ao longo dos tempos. Non se esquecerá de incluír as TICs na súa docencia e para elo usara un proxector, un encerado dixital e un lector ultramoderno de documentos para reflectir a tamaño grande o seu libro no EDI. As veces tamén proxectará fabulosas presentacións dos temas de clase compostas de texto e imaxe, como apoio a súa clase maxistral. Unha vez rematado o tema o alumnado xa está listo para avaliar.
Fiory, exemplo de profesor tecnócrata, vídeo de Fioryph
  Licenza de Youtube Standart
Profe humanista

Ingredientes:
  • Un profesor/a amigable, regordecho/a e sobre todo contento/a e feliz.
  • Non máis de 15 alumnos/as de niveis intelectuais heteroxéneos.
  • Varios obxectivos centrados en formar ao alumnado como persoa.
  • Contidos próximos e significativos, segundo os intereses do alumnado.
  • Unha metodoloxía activa, onde o alumnado sexa o verdadeiro protagonista do seu propio aprendizaxe.
  • Recursos persoais e materiais abundantes, cando menos suficientes.
  • Temporalización con miras a medio e largo prazo.
  • Avaliación cualitativa e significativa.
Escuelas unitarias. Patricia Ramos
Metemos todos os ingredientes dentro dun aula, a poder ser, o mais humanizada posible: boa ambientación, fondos documentais variados nunha biblioteca de aula, acceso fácil á biblioteca do centro, recursos tecnolóxicos axeitados e actualizados… Os ingredientes non quedarán pasivos nas súas cadeiras escoitando ou mestre, senon que serán os verdadeiros artífices da súa aprendizaxe. O mestre actuará como un intermediario entre alumnado, contidos e metodoloxía, será un facilitador da aprendizaxe. Para que  o resultado desta receta sexa apetecible, o mestre actuará tamén como un curador de contidos, aproveitando o traballo xa feito por outros profesionais e adaptándoo ao seu alumnado.
Obteremos persoas críticas con capacidade de cambiar o mundo.

2/11/14

Presentación

Neste espazo pretendo ofrecer compilacións de recursos educativos que nos poden ser de utilidade nas diferentes celebracións e conmemoracións que realizamos ao longo do curso.